Avda. Bértoa, 10 - 15105
CARBALLO - A Coruña | 981 703 704

empresa

En Atlántico Interiores adicámonos en exclusiva ao deseño e a instalación de mobiliario de cociña da prestixiosa marca Santos.

 

A nosa empresa está composta por un equipo humano con ampla experiencia no mundo da cociña. Gústanos o noso traballo e esforzámonos día a día para conseguir os deseños máis axeitados para satisfacer as necesidades de cada cliente e a mellor instalación posible.

 

As nosas prioridades son a funcionalidade e o deseño para poder crear cociñas axeitadas ás necesidades de cada persoa, prácticas e únicas á vez. Pensadas para axudar a quen traballa a miúdo na cociña e ao mesmo tempo para facer da cociña unha estancia elegante e acolledora da cal poida gozar toda a familia durante moitos anos.